O arqueólogo Rafael Rodríguez presentará o tema “Reescavando Mergelina” na segunda Barferencia de Inverno
A cita é o xoves, día 3 de decembro, ás 20:30 horas na cervexería Itaca
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves, día 3 de decembro, terá lugar a segunda das Barferencias de Inverno programadas polo Concello de A Guarda en colaboración coa Asociación Naturalista Baixo miño (ANABAM). Nesta ocasión, será o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez o que presentará o tema “Reescavando Mergelina”.
Na actualidade Rafael Rodríguez, xunto con seu equipo, están a traballar no poboado Mergelina, no Monte Santa Trega. O arqueólogo presentará aos presentes todos os avances que durante os meses de traballo tiveron nas escavacións.
Ademais falarán dos achádegos máis relevantes, entre eles, o denominado “Cabezón do Trega”.
A Barferencia terá lugar na cervexería Itaca ás 20:30 horas.
Próximas citas
A próxima cita está programada para o venres día 18 de decembro na Casa dos Alonsos. Alí Mar Cortegoso falará de “A salina do Seixal”.
O venres 15 de xaneiro, Xosé Manuel Malheiro no bar Tecla´s será o ponente de “De Luis Velo a Alonso Ríos, viaxe polas escolas de Galicia”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario