1 de dec. de 2015

TUI

ANDATUI ORGANIZA UNHA ANDAINA CON XANTAR

A data límite para poder anotarse para xantar, será o día 10 de decembro




Club Andatui Rego da Pedra / Tui

 Coma todólos anos, o clube Andatui Rego da Pedra, organiza unha andaina para o remate, xuntarnos todos ó redor dunha mesa para xantar e contar as experiencias nas nosas andainas.  

 Este ano a andaina será pola cima do Monte Aloia, cunha distancia aprox. de 8 quilómetros. Saíremos o día 13 de decembro ás 10:00 do Interfederado e ás 10:30 na capela de San Xiao (Aloia).  

 Ó remate da andaina, xantaremos no Restaurante O Robledo de Prado (Gondomar).  

 As opcións de menú:  
a/ Entrantes e churrasco por 18€. 
b/ Cocido compreto por 19€. 
c/ Entrantes e bacallao por 20€. d/ Entrantes e cabrito por 23€.  

Tódolos menús levan viño ou refresco, pan, postre, café e chupito.  

A data límite para poder anotarse para xantar, será o día 10 de decembro.  

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!  

Para participar, apuntádevos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario