A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL PRESENTOU O CONCERTO EXTRAORDINARIO DE REIS
Tamén foi dado a coñecer o avance da programación conmemorativa do XXX Aniversario e un resumo das actividades do curso 2015-2016
2016 será un ano especial, xa que é o 30º Aniversario da Agrupación Musical do Rosal
De esquerda a dereita: José Antonio Gómez Rodríguez (Piño), Iván Diego Martínez,José Javier Bascoy Iglesias e María del Carmen Alonso Alonso
Infogauda / O Rosal
Coa asistencia de Iván Diego Martínez e de José Javier Bascoy Iglesias, presidente e director, respectivamente, da Agrupación Musical do Rosal; María del Carmen Alonso Alonso, 1º Tenente alcalde do Concello do Rosal; e José Antonio Gómez Rodríguez (Piño), presidente da asociación “Conrazones”, na tarde do mércores día 30 de decembro, tivo lugar no Concello do Rosal, unha rolda de prensa, convocada pola directiva da Agrupación Musical do Rosal.
O motivo principal da comparecencia diante dos medios de comunicación social foi á presentación do Concerto Extraordinario de Reis, que ofrecerá a Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, o día 6 de xaneiro de 2016, ás 18:30 horas, no Auditorio municipal do Rosal, dirixida por José Javier Bascoy Iglesias.
O devandito concerto ten carácter solidario, xa que haberá recollida de alimentos que serán entregados a Asociación Conrazones, quen a súa vez os distribuirá entre ás persoas necesitadas.
RESUMO DA LABOR DESENVOLVIDA EN 2015 E ACTIVIDADES PREVISTAS PARA 2016
“O noso curso escolar xa comezou con forza. O 12 de Outubro, a banda xa deu o seu primeiro concerto co novo director, o galego José Javier Bascoy, no marco das Festas do Cabaqueiro, no que tamén interviñeron outras seccións da Agrupación, como a Coral na misa cantada da mañá, ou o grupo de música tradicional “Lirolai” no seu concerto de tarde, antes da banda”, dixo Iván Diego.
“O noso curso escolar xa comezou con forza. O 12 de Outubro, a banda xa deu o seu primeiro concerto co novo director, o galego José Javier Bascoy, no marco das Festas do Cabaqueiro, no que tamén interviñeron outras seccións da Agrupación, como a Coral na misa cantada da mañá, ou o grupo de música tradicional “Lirolai” no seu concerto de tarde, antes da banda”, dixo Iván Diego.
“A actividade central do outono foi - segundo relembrou o presidente da Agrupación Musical do Rosal - o tradicional concerto de Santa Icía, o pasado 5 de decembro, no que se presentou ao novo director, ademais de levarse a cabo a tradicional e emotiva presentación de novos compoñentes. Este ano foron sete, todos rapazas e rapaces formados no seo da Agrupación, que garanten o a continuidade e o futuro desta gran familia.
Dúas semanas despois, inauguramos o Nadal co noso Festival da Escola, onde o protagonismo correu coma sempre a cargo dos máis pequenos: os nenos de Iniciación Musical, o Coro Infantil, a “Minibanda” e, para rematar, a Banda Infantil da Agrupación. Como broche final, levouse a cabo a entrega de premios do “Iº Concurso Infantil de Carteis de Nadal”, que foi unha das novidades deste ano, co que se seleccionou un debuxo que servira como cartel anunciador de dito festival.
As actividades de Nadal non acaban niso: a Coral da Agrupación, dirixida por Toñi Santos Vaquero, participou o pasado domingo no Concurso de Panxoliñas que organiza a Diócese de Tui, no que conseguiron facerse co Primeiro Premio. O Coro Infantil da nosa Agrupación, tamén dirixido por Toñi Santos, participará este domingo, e esperamos que tamén goce do éxito que adoita ter neste concurso.
O peche deste tempo de Nadal será a cargo da Banda, no Concerto Extraordinario de Reis, do que nos dará un adianto o director, José Javier”.
“A idea de realizar este Concerto de Reis xorde,
principalmente - segundo explicou José Javier Bascoy Iglesias -, para encadrar dentro da nosa programación anual un concerto
benéfico, que é un dos puntos principais do proxecto global que propuxen para a
banda, e para o cal a Xunta Directiva prestou todo o apoio e os esforzos
necesarios. Consideramos oportuno facelo aproveitando a época de Nadal, días
para compartir en familia, pero tamén para compartir o noso tempo e os nosos
medios con aqueles que menos teñen, máxime nestes anos nos que a desigualdade,
por desgraza, vai a máis.
Falando da parte
musical, o programa será unha selección variada de música escénica (cine,
teatro, ópera, zarzuela,...), que son xéneros que chaman sempre especialmente ao
público, xa que ademais, tradicionalmente, esta música foi o compoñente
maioritario do repertorio das bandas de música populares.
O programa estará
composto por compositores de escolas tan diversas como Shostakovich, Ennio
Morricone, Federico Chueca, Vicente Lleó, Franz von Suppé ou Charles Chaplin.
Nunha das obras participará como solista o oboísta rosaleiro Avelino Ferreira.
Será un concerto moi divertido, no que por suposto, non faltará algunha que
outra sorpresa.
Para levar a cabo a compoñente solidaria,
pediremos ao público que ese día traia, alomenos, un quilo de alimentos non
perecedeiros (arroz, pasta, aceite, azúcar, etc.). Contaremos coa colaboración
da asociación guardesa “Conrazones”, que xestionará ditos alimentos que se
recollerán no Auditorio, á entrada do concerto. Conrazones xa colaborou noutras
ocasións coa Agrupación, e por suposto agradecemos hoxe e poñemos en valor a
súa gran labor solidaria que realizan día a día”.
Como final, e para escorrentalo frío,
invitaremos a un chocolate a tódolos asistentes ao concerto. Tamén pedimos aos
asistentes que garden a súa entrada, xa que esta pode que teña premio”.
ADIANTO DAS ACTIVIDADES DO 2016
No referente ás actividades previstas Iván Diego dixo: “Este será nada máis que o principio dun 30º
Aniversario cheo de actividades. Por un lado, conservaremos as citas
ineludibles da Agrupación que se veñen facendo ano tras ano, e ademais,
dinamizaremos todo o posible con novas actividades. Ademais, teremos nova
páxina web, que en moi pouco tempo xa poderemos empezar a visitar todos, onde
poderemos consultar gravacións da banda, fotografías, vídeos, a axenda de
concertos, etc.
No mesmo mes de xaneiro, o día 30, teremos o
noso Festival de Bandas Xuvenís e Infantís, no que intervirán, ademais da
“Minibanda” e a Banda Infantil da nosa Escola, dúas xoves formacións invitadas:a Banda Xuvenil de Silleda, que nos devolve a visita que a nosa Banda Infantil
xa fixo a terras dezás, e a banda infantil de Estarreja, que tamén nos devolve
a actuación que O Rosal fixo a dita localidade portuguesa.
En febreiro celebraremos outro festival, en
lugar de intrumental, con Coros Infantís, que será o 28 de febreiro.
No mes de marzo, teremos como fin de trimestre,
e antes da Semana Santa, o Concerto da banda con motivo do “Día do Pai”, na que
a idea será un concerto que xirará en torno aos “pais” da música, con
maiúsculas, na que tanto teremos versións orixinais e transcricións, como xogos
e bromas musicais dedicadas aos grandes mestres. Temos por confirmar a
actuación dalgún solista.
En abril nos esperan dúas novidades máis: Por un lado, a nosa banda participará como
banda de prácticas para a “Academia Europeia de Direcçao de Banda”, que a
primeira fin de semana de abril realizará a súa master-class co mestre holandés
Jan Cober. Está previsto que os ensaios sexan abertos ao público, e tamén
esperamos que o director nos ofreza unha charla para todo o que queira achegarse ao
Auditorio. Sen lugar a dudas, será unha experiencia enriquecedora e novedosa
para a nosa banda, que xa contou coa presenza de Cober noutras ocasións.
Ademais disto, este ano volveremos a poñer en
marcha o Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”, que se realizará nunha
das últimas fins de semana de abril, e cuxas bases pronto serán publicadas.
Xa podemos desvelar que o concurso terá como
gran novidade este ano que, nunha das súas categorías superiores, o certame será aberto a participantes de toda Galicia, polo que esperamos que teña gran acollida, e que pronto se convirta nun dos eventos de referencia
para os xoves músicos galegos. Tamén haberá sospresa nos premios! ”
José Javier Bascoy Iglesias informou que “(...) na primavera tamén está apalabrada a
participación da Banda Infantil, que dirixe Celso Diego, no festival de bandas
xuvenís que realiza a Artística de Merza no Auditorio de Fontao (Vila de
Cruces), con data aínda por confirmar.
No mes de maio continuarase coa tradición da
Festa das Letras Galegas, na que esperamos contar coa participación de tódalas
nosas formacións, e intentaremos buscar unha actuación conxunta que seguro non
defraudará ao noso querido público rosaleiro, gran amante tamén da música
tradicional.
Tamén buscaremos algo especial para o
tradicional Concerto do Aniversario, que sempre se celebra en maio, e que aínda
ten data variable en función da apertada axenda que xa temos para este ano.
Xuño será tamén un fin de curso moi especial.
Rematadas as Audicións e o Festival de Fin de Curso que levaremos a cabo como
cada ano, devolveremos a visita musical que nos fixo ao Festival de Músicos
Xoves a Banda de Música de Pájara (Fuerteventura). Será un orgullo sacar o nome
da nosa vila e a nosa Agrupación fóra da península nos concertos que alí
realizaremos.
No verán, coma sempre, a banda sairá polas vilas
de Galicia a amenizar os festexos populares onde alí se lle requira; xa hai
datas confirmadas na nosa axenda. Esperamos que sexa un bo verán o deste 2016
en canto a festas populares. Dende a nosa Agrupación non se deixa a un lado a
importancia que ten a presenza das bandas de música populares nos festexos e
romarías, sendo a súa música, como a gastronomía e outros compoñentes, parte
fundamental da idiosincrasia galega.
En agosto, en pleno verán, teremos como cada ano
o noso Festival de Músicos Xoves, que intentaremos que sexa especial con motivo
do noso 30º Aniversario. Aínda que sen confirmar, xa case temos cerradas as
actuacións para este festival de bandas e corais, no que o nivel das
agrupacións participantes non vai a defraudar ao público rosaleiro.
Acabaremos o verán con unha cita importante para
os amantes da música de banda: a localidade veciña de Vila Nova de Cerveira
(Portugal) convidou á Agrupación Musical do Rosal a participar no seu renomeado
festival de bandas de música, no que sempre fan presenza as mellores bandas
portuguesas, e no que a nosa banda terá a honra de representar a Galicia”.
Para desenvolver todo ese amplo programa de actividades previstas, á Agrupación Musical do Rosal conta coas colabouras do Concello do Rosal, Excma. Deputación Provincial de
Pontevedra, Comunidade de Montes, Fundación O Rosal, e Xunta de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario