A MOSTRA "VESTIDOS CON PINCEL, COSIDOS CON AGULLA" AMPLIA A SÚA ESTADÍA NA GUARDA
O vindeiro domingo día 3 de xaneiro tamén poderá visitarse en horario de tarde
A deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e o alcalde Antonio Lomba Baz, atendendo ás espricacions dunha experta, o día da apertura da exposición
Fotos: C.A.G.
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural da vila de A Guarda acolle dende o pasado 10 de decembro a exposición “Vestidos con pincel, cosidos con agulla. Traxes tradicionais galegos”, organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración co Concello guardés, que nos amosa reproduccións de cadros dos grandes pintores galegos que levaron á súa obra a indumentaria tradicional galega en diversas situacións e momentos. Pintores e dibuxantes coma Fernando Álvarez Soutomaior, Carlos Sobrino, Máximo Ramos, Román Navarro ou o mesmo Castelao, forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra que inspiraron esta colección.
Na imaxe, algunhas das persoas que participaron no obradoiro Obradoiro de adobíos para traxe tradicional galego de Bordado ó Aire, impartido por José Luis Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Gaiteiros Os de Algures, e incluido no programa da exposición “Vestidos con pincel, cosidos con agulla”.
A exposición foi acollida cun gran interese entre o público guardés, polo que veu ampliada a súa estadía na Guarda ata o sábado 9 de xaneiro. Pode visitarse no Centro Cultural de luns a venres laborables en horario de 10 a 13h. e de 17h. a 20h., e abrirá tamén este domingo 3 de xaneiro dende as 17h. e o sábado 9 de xaneiro de 10 a 13h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario