CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA Á LABOR DO EXECUTIVO MUNICIPAL DO CONCELLO, POLA MALA XESTIÓN DO LIXO
Lixo invadindo beirarrúas na vila de A Guarda
Foto: Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Logo de presneta-lo no rexistro municipal de entradas do concello de A Guarda, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de remesar á redacción deste xornal dixital, a seguinte comunicación:
¡¡O MELLOR DECORADO NAVIDEÑO!!
Dende a cutrada de iluminación e do “imposto revolucionario” dos CINCUENTA (50) EUROS, viu a decoración nas rúas, donde polo que sabemos, se pedían voluntarios e cando algunha asociación se ofrecía, si non era da “Tribu Sánchez” non era nin chamada para decirlle que “NON”,…¡¡logo xa intentaremos saber do reparto das propiñas e pluses por participar…!! A seguinte música será que non hai cartos, e unha vez máis, a culpa e do cha, cha, chá. Perdón, da oposición que é moi mala, malísima…
As imaxes que aportamos, son unhas nún punto concreto, pero existen máis en lugares de moito tráfico de vehículos e persoas, que o atoparse co “decorado” decían que non podían facerse comentarios “a la ligera” pero seus improperios eran de “alto voltaxe” pola imaxe que dábamos nún día en que había bastantes visitantes.
Sabemos que cando preguntemos polo asúnto, somentes vai haber dúas partes de responsables, os/as veciños/as que non controlan o lixo que verten e non acumulan nas súas vivendas por ser día festivo, e pola outra banda, o persoal municipal que no servicio de recollida non fixo “un esforzo máis forte” para que os xefes quedaran ben. ¡¡Seguro que o responsable do lixo non ten nada que ver no problema!! Bastante fai o pobriño de andar as escondidas a seguilos camións para comprobar se fai “puntualmente” o recorrido,… Claro que o coche o pon o concello, que o del non está para eses trotes…¡¡Canto criticaban o finado Pepe, e non facía nin o 10% das “chediñas” que fai o interfecto!!
Dende Converxencia Galega, rematamos o ano, animando aos/as veciños/as que sigan “tomando nota” dos acontecementos, e recordándolles que nos seguiremos abertos a recollendo tódalas queixas escritas e gráficas que nos fagan chegar, para seguir “aupando” o Sr. Alcalde que siga facendo fotos e saíndo na prensa tódolos días e falando de calquer cousa, incluindo daqueles temas que lle transmiten os veciños e dos que pasan meses sin que lles dé solución.
A Guarda, a 27 de Decembro do 2.015
Celso Rodriguez Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega
Alcalde-Presidente
Concelleiro Delegado do Lixo
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario