O BNG volve presentar a moción contra os “Circos de animais” rexeitada polo PSOE e PP na Guarda
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda: “Os pequenos e pequenas deste país merecen unha educación baseada en valores de respecto cara os seres vivos, estes circos non o son”
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro do concello unha moción para declarar ao Concello de A Guarda libre de circos con animais.
A moción xa fora presentada polo BNG no pleno de xaneiro de 2014 sendo rexeitada polo PSOE e polo PP.
“Resulta curioso que agora que existe unha contestación social o PSOE cambia de discurso e onde dixo non agora parece dicir si. Isto reafirma a falta de proxecto político. Estamos ante un partido político totalmente desnortado que un día di unha cousa e o outro a contraria”, comentou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.
“Para o BNG - engadiu Ángel Luis Baz - o uso de animais en espectáculos como os circos son dos máis surrealistas que teñen lugar no noso país, que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a fauna salvaxe.
Os animais que viven nos circos están obrigados a permaneceren o resto da vida privados de liberdade, atados, engaiolados ou encadeados en camións de traslado, negando calquera posibilidade de satisfacción das súas necesidades etiolóxicas e naturais”.
Para o BNG “todos estes argumentos e algúns máis non foron suficientes para que o actual alcalde de A Guarda, daquela Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba Baz, votase a favor de declarar A Guarda concello libre de Circos con animais.”

Ningún comentario:
Publicar un comentario