28 de dec. de 2015

A GUARDA

O BNG insta ao goberno local a realizar unha recollida de lixo eficiente pensando en toda a veciñanza 

O BNG considera incomprensíbel a falta de planificación na recollida do lixo nunha época como o Nadal

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Fotos: BNG-AA

Infogauda / A Guarda

 A traverso dunha nota de prensa remesada no día de hoxe á Redacción deste xornal dixital, o BNG denuncia que a pasada fin de semana volvemos a ter que soportar novamente imaxes sobre a deficiencia na recollida do lixo na Guarda: contedores de lixo desbordados, restos acumulados nos arredores dos contedores, cheiros insoportábeis, ... 

Os contedores de lixo, literalmente desbordados na zona do Muño de Baixo


 Non se trata - afirma Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG - de evidenciar as limitacións do servizo de recollida na zona turística da vila en plena tempada alta. Dende o día 24 de decembro veciños do “Muño”, Transversal Fontiña ou na parroquia de Salcidos,..., zonas sen alta densidade de poboación que xere grandes cantidades de lixo, tiveron que soportar cheiros e a falta de hixiene que provocan uns contedores desbordados pola falta de servizo de recollida de lixo durante 3 días.

 Contedores de lixo en Salcidos, amosando o lixo acumulado

Estamos ante as consecuencias da política continuísta do goberno do PSOE.

 Este é un dos motivos polos que o BNG veuse na obriga de votar en contra duns orzamentos nos que non contempla solventar este tipo de situacións”, afirma Baz Vicente, en referencia á reposición das prazas vacantes dos operarios municipais, entre elas unha de recollida de lixo, que non van contempladas nos orzamentos para o 2.016. 

 Para o BNG esta situación fai que sexan os veciños de A Guarda os primeiros en padecer unha xestión falta de eficacia que se vai dilatando no tempo mentres o goberno municipal de Antonio Lomba Baz non admite erros e non afronta os cambios oportunos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario