Alumnos de diferentes centros escolares visitan os murais da iniciativa “Debuxando os meus dereitos”
A profesora María José Salcidos González cos seus alumnos de 6º de Educación Infantil do Colexio PP. Somascos, e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Os alumnos de diferentes centros escolares visitaron os murais creados por eles mesmos dentro da iniciativa “Debuxando os meus dereitos”. Os rapaces puideron ver os seus murais colgados e ver aqueles que fixeron os nenos e nenas de outros centros.
Nenos do Colexio San Xerome Emiliani ollando os murais expostos na Casa do Concello
Por exemplo, polo Concello, onde se atopan catro dos murais, pasaron a velos en dúas ocasións os nenos do Colexio San Xerome Emiliani, que posaron para unha fotografía fronte o seu mural.
Ademais, en dous grupos en diferentes días, os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio Padres Somascos, tamén pasaron polo concello para poder ver o seu mural colgado. En ambas ocasións, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, tivo a ocasión de charlar e pasar un rato con eles.
A profesora Asun, cos seus alumnos do Colexio PP. Somascos, e o alcalde, xunto a un dos murais conmemorativos do Día Universal dos Dereitos da Infancia
Os alumnos tamén quixeron posar fronte a súa creación para unha fotografía.
Os oito murais, feitos polos nenos e nenas dos colexios guardeses, decorarán os diferentes edificios municipais ata o próximo venres, 4 de decembro. Hai tres expostos no Concello e outros tres no Centro Cultural. Ademais haberá un colgado na Piscina Municipal e outro decorará o Centro de Saúde.
Esta iniciativa promovida polo Concello de A Guarda en colaboración con diferentes centros escolares, nace coa idea de conmemorar o Día Universal dos Dereitos da Infancia. A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario