DEPORTES
Máis de 300 persoas participaron no II Trail do Trega
Satisfacción xeral polo resultado e a organización deste evento deportivo
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O domingo, día 29 de novembro, celebrouse na Guarda, o II Trail do Trega. Este evento, que estivo organizado por Galitiming en colaboración co Concello de A Guarda, ofrecía tanto un trail e coma unha andaina.
En total máis de 300 persoas, contando os participantes en ambas modalidades, participaron nestas probas.
Ás 9:15 horas comezaron a andar os máis de cincuenta participantes da andaina. Durante 10 quilómetros os aventureiros, acompañados algúns deles dos seus cans, percorreron moitos e moi singulares espazos do Monte Trega.
Grupo de participantes no II Trail do Trega enfiando en dirección as faldras do Monte Santa Trega, desde A Sangriña
Puntualmente, ás 10:00 horas, os corredores do trail saíron dende a explanada da Sangriña. Tras bordear o Monte Santa Trega comezaron a súa subida pasando tanto polo pico San Francisco coma ó Facho. Os corredores pasaron polo Vía Crucis e gozaron das inmellorables vistas do Monte Santa Trega que ofrece a desembocadura do río Miño, o Océano Atlántico e Portugal.
O primeiro corredor, que sobrepasou a liña de meta foi Antonio Liebanes Méndez con un tempo de 1 hora e 42 minutos, seguido de Ramón Ignacio Folgar e de José Luis Dorado.
Na categoría absoluta feminina, a primeira clasificada foi Sara Castillo quen terminou os 18 quilómetros ás 2 horas 20 minutos. A Castillo a seguiron Rocío Blanco e Sonia Álvarez González.
Os mellores clasificados de A Guarda, na categoría masculina foron, Antolín Martínez, Roberto Romeu e Juan Carlos Campos. Na categoría feminina Fani Carnero.
Todos os participantes mostráronse moi contentos tanto polo resultado coma pola organización do evento. Así, entre as frases máis escoitadas ó término da proba foron “que duro”, “que boas vistas”, “que ben organizado” e a máis importante: “Volveremos o ano que vén”.
O Concello da as grazas a todos os voluntarios que participaron na organización.
As fotografías sacadas durante o II Trail do Trega poderán verse na páxina da proba en facebook, na páxina de Deporte A Guarda, e no blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario