A ASOCIACIÓN DEPORTIVA TOMIÑO CELEBRA O MAGOSTO
Gonzalo Lomba / Tomiño
A Asociación Deportiva Tomiño invita aos xogadores, pais e nais, e amigos do club a unirse a celebración do San Martiño que terá lugar o vindeiro sábado día 14 no campo da Carballa dende ás 18:30 horas.
Tratarase dun Magosto popular no que se asarán as castañas que xogadores e amigos vaian aportando durante a semana e na que pequenos e maiores poderán desfrutar do ambiente festivo xunto a compañeiros e amigos.
A festa enmárcase dentro dos actos que a A. D. Tomiño organiza na procura de que o club e as súas instalacións sexan un espazo de convivencia e socialización para a gran familia da Asociación Deportiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario