CONSTELACIONS DO INTAXIBLE
Exposición de Luis González Palma, no CGAC
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez González, ten o pracer de convidalo á inauguración da exposición CONSTELACIONS DO INTAXIBLE que terá lugar no CGAC o vindeiro venres, 27 de novembro de 2015, ás 20 h.
Comisario: Alejandro Castellote
O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. Nos seus traballos, os conceptos de identidade e memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abordados desde o retrato con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo. Para iso sérvese de elementos prestados do teatro e da imaxinaría católica, de códigos cinematográficos e de recursos que proveñen da arquitectura, a danza, a música ou as técnicas pioneiras da fotografía.
Con motivo da inauguración desta exposición, ás 19:00 horas, na sala de reunións do padroado do CGAC, terá lugar unha conversa entre o artista e Santiago Olmo, director do centro.
Exposición organizada e producida por Fundación Telefónica.

Ningún comentario:
Publicar un comentario