O BNG-AA do Rosal apoia e fai un chamamento á veciñanza para que acuda á marcha en defensa do novo Hospital 100% público
A marcha está convocada pola Xunta de Persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro
BNG / O Rosal
O Novo Hospital de Vigo cuxo financiamento e xestión adxudicouse a unha concesionaria privada, incluíndo un novo copago, o párking de pago para usuarios e traballadores (cun custo de 12 € ó día), sen teren articulado un sistema de transporte público, aínda carente sobretodo nas fins de semana, en condicións de equidade, que sexa unha alternativa real ó uso do vehículo privado, deixou de ser centro de referencia en importantes servizos.
O Novo hospital perde servicios de referencia de Oncoloxía Radioterápica, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Plástica, Ciruxía pediátrica, cardioloxía intervencionista (unidades de hemodinámica) e Ciruxía Cardíaca. A referencia destes servicios para o Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo Hospitalario de Santiago. POVISA mantén a referencia de Ciruxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados.
Para denunciar o atropelo sanitario e legal e esixir un Hospital 100% Público, a Xunta de Persoal convoca unha gran marcha-protesta dende a Praza de América até o novo Hospital este domingo ás 11:00.
Así pois, dende o BNG-AA do Rosal defendemos un hospital público con tódolos servizos e recursos para dar resposta ás necesidades na nosa área. Por iso apoiamos e participamos na marcha convocada pola Xunta de Persoal.
CONVOCAMOS A TODA A VECIÑANZA A ASISTIRES Á MARCHA DO DOMINGO DÍA 15, EN VIGO, ÁS 11:00 DESDE A PRAZA DE AMÉRICA ATÉ O NOVO HOSPITAL.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario