11 de nov. de 2015

A GUARDA

As sesións de “Cinema en Familia” presentan o filme “Maléfica”  

A entrada para a película, que comezará ás 17:30 horas, é de balde


Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 14 de novembro, nunha nova sesión de “Cinema en Familia” organizado polo Concello de A Guarda, se proxecta a película “Maléfica” no Centro Cultural.  

 A historia que se conta nesta película é a mesma que en “La bella durmiente” pero cun importante cambio: a perspectiva dende onde se narran os acontecementos. Esta vez a historia se ve dende o punto de vista da perversa villana Maléfica. O seu corazón non foi sempre tan duro senón que houbo acontecementos que a levaron a crer que a maldición sobre Aurora era a mellor opción.  

 A entrada para a película, que comezará ás 17:30 horas, é de balde. Neste caso non fai falla recoller tícket con antelación.  

 O filme está recomendado para nenos maiores de 7 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario