7 de nov. de 2015

MAR

Mañá abre a campaña extractiva da centola e do boi na parte litoral que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda 

Nesta área, a frota con porto base na zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os miños desde mañá a partir das 10 da mañá e levar as especies á lonxa o luns



Infogauda / Galicia

 A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi na parte litoral que vai dende Cabo Corrubedo ata A Guarda. Polo tanto, nesta área, a frota con porto base na zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os miños desde mañá a partir das 10 da mañá e levar as especies á lonxa o luns. A campaña prolongarase ata o inicio da veda do ano 2016, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.  

 No caso da parte que vai dende Cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares, na provincia da Coruña, a campaña comezará a partir do 15 de novembro e na parte que vai dende Cabo Estaca de Bares ata o río Eo, a partir do 29 de novembro.  

 A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nas ditas augas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario