CINEMA
O CINECLUB POLEIRO ABORDA O DRAMA DO YIHADISMO
TIMBUKTÚ é un retrato da dignidade humana que trata de facer frente ao integrismo musulmán
Rita Alonso / Goián
O Cineclub Poleiro proxecta o xoves día 3 de decembro, no auditorio de Goián ás 21:30 horas, Timbuktu, (2014), produción Mauritania-Francia, dirixida por Abderrahmane Sissako. Un drama sobre o yihadismo. Ano 2012. A cidade de Tombuctú (Malí) caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive na dunas coa súa esposa, a súa filla e un neno pastor. Os yihadistas impoñen o réxime de terror na cidade e lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. Prohíben escoitar música, reir, fumar e xogar ao fútbol. O protagonista debe enfrontarse ás leis dos ocupantes extranxeiros cando mata accidentalmente a un pescador.
7 Premios César incluindo mellor película e director
Festival de Chicago: Mellor director. (Ao ano seguinte do golpe de estado en Malí (2012) e a toma do norte polos tuareg e milicianos vencellados a Al Qaeda, a ONU desprega en Malí máis de 11.000 cascos azuis e Francia, en 2014, envía 3.500 soldados que combaten a grupos terroristas en varios países da rexión.)
Carlos Boyero, escribiu en El País: "Es el retrato más escalofriante y con sensación de veracidad que he visto sobre el yihadismo (...). Es gozoso que esta película la haya realizado un musulmán tan inteligente como indignado".
O ciclo péchase o xoves, día 14 de xaneiro, con Pride, de Matthew Warchus (2014). Comedia dramática británica basada en feitos reais sobre a homosexualidade. En 1986, un grupo de gays e lesbianas recollen cartos para apoiar una folga de mineiros no Festa do Orgullo Gay en Londres. O Sindicato Nacional de Mineiros rexeita os cartos e comenza a historia...
O BONO PARA O CICLO DE CATRO PELÍCULAS CUSTA 10 €
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario