14 de nov. de 2015

GALICIA

A Xunta expresa a súa máis firme condena aos atentados de París e transmite a solidariedade do pobo galego ás vítimas e ás súas familias 

O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas



Os conselleiros de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participaron hoxe na concentración en repulsa polos atentados terroristas de París convocada polo Concello de Santiago  
Foto: Ana Varela


Infogauda / Santiago de Compostela

 A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, quere expresar a súa máis firme condena aos atentados rexistrados onte en París e transmitir, en nome do conxunto dos galegos, o seu pesar e solidariedade ás vítimas, aos seus familiares e a todo o pobo francés.  

 O Executivo galego considera que este acto de terrorismo é froito da senrazón e da barbarie máis cruel que pode atentar contra os principios democráticos dunha nación que hoxe en día é emblema de convivencia e da defensa dos dereitos e liberdades das persoas.  

 A Xunta traslada ao conxunto dos franceses todo o seu afecto e apoio, e confía en que a lei e o Estado de dereito se impoñan e poñan fin a este fanatismo criminal.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario