29 de nov. de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS

Terá lugar este luns día 30 de novembro, ás 20:00 na Casa da Entidade Local Menor


Infogauda / Camposancos

 Por orde do Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez, o secretario da devandita Entidade, Fernando Coello Martínez convocou os vogais da mesma ( María Luz Alonso Carrero, Elena Cadilla Domínguez, María Jesús Martínez Martínez e María Mercedes Martínez Vázquez), á sesión plenaria ordinaria que terá lugar este luns día 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos (Praza de San Amaro, nº 1 - Camposancos), co seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Dar conta dos decretos dende o pleno anterior ata o 20 de novembro de 2015.
3.- Aprobación da Conta xeral do ano 2014.
4.- Aprobación da proposta da Alcaldía  para autorizar á bonificación do 50% da taxa da auga a Dona Carmen Galiñanes Vega.
5.- Moción do Partido Popular de Camposancos sobre o protocolo de actuación a seguir ante a aparición de niños de avispas asiáticas.
6.- Rogos e preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario