A DEPUTADA DO BNG-AA, OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA DEU A COÑECER NO BAIXO MIÑO O LABOR NA DEFENSA NO NOSO PAÍS
Olaia Fernández Davila, parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados e Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Na tarde do xoves día 12 de novembro, no Centro Cultural da vila, tivo lugar unha charla informativa do BNG do Baixo Miño, presentada polo portavoz municipal de A Guarda, Angel Luis Baz Vicente.
Nesta asemblea abordouse da man da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, "como tivo significado a presenza do nacionalismo no Congreso dos Deputados nos últimos 20 anos, e como influíu isto na comarca, a través de iniciativas como a defensa da baixada do IVE no sector da flor e planta ornamental, a estafa das preferentes, a defensa da pesca artesanal no río Miño, a problemática dos emigrantes retornados, entre outras. Coas súas trabas e dificultades postas para que a nosa comarca e o noso País poidera mellorar e tomar decisións".
Asimesmo, Olaia Fernández Davila, defendeu "a posición do Bloque Nacionalista Galego a formar parte, xunto con outras organizacións políticas do País, da única candidatura 100% Galega, Nós-Candidatura Galega, para as vindeiras eleccións xerais. Somentes así Galiza poderá ter voz propia que a defenda en Madrid".
Ningún comentario:
Publicar un comentario