Charla informativa para dar a coñecer aos veciños o programa “Familias de Acollida”
A cita é o xoves, día 19 de novembro, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha charla explicativa e formativa para dar a coñecer aos veciños da localidade o programa “Familias de Acollida”.
Este encontro terá lugar o xoves, día 19, ás 18:00 horas no Centro Cultural.
Desde o executivo municipal do concello indican que "o que busca é explicar que é e que significa realmente converterse nunha familia de acollida, os motivos polos que os nenos o as nenas están dentro deste programa, as características dos menores e as súas situacións. Para cumprir este obxectivo, ademais de traballadores de Cruz Vermella, na charla estarán presentes persoas que xa foron familias de acollida para, de primeira man, contar a súa experiencia".
Ser familia de acollida significa acoller, de forma temporal, a un neno ou nena para axudarlle a superar unha situación difícil dentro da súa familia de orixe ou antes da súa adopción.
Con esta xuntanza, o Concello de A Guarda e a Cruz Vermella, queren animar aos veciños da municipio a coñecer este programa e tamén a participar de forma activa nel.
As persoas que precisen máis información poden dirixirse o departamento de Educación Familiar ou a OMIX do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario