11 de nov. de 2015

A GUARDA

O Concello adxudicou ás obras da rúa Calvario

O inicio das obras está pendente da formalización do contrato que se fará nos próximos días

Vista parcial de un tramo da Rúa Calvario
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de adxudicar a segunda fase da obra de urbanización e mellora dos servizos existentes da rúa Calvario.

 Os traballos desta segunda fase comprenden dende a Praza de Santo Tomás ata a confluencia da Rúa Largo coa 9ª Transversal Solanas.

 Na actualidade a rúa Calvario ten un firme de asfaltado, un saneamento unitario e un servizo telefónico aéreo. Con estas obras o que se fará será, instalar unha nova rede de abastecemento e de saneamento separativa de augas pluviais e fecais e un novo pavimento de loseta de granito na maior parte da súa superficie.  
 Orzamento  
 O presuposto do Concello para estes traballos era de 216.464,16 euros e finalmente se adxudicaron as obras a empresa COPCISA por 162.846,30 euros. Parte do orzamento restante será empregado na dotación de canalización soterrada de tuberías para o servizo eléctrico e de comunicación.  

 O inicio das obras está pendente da formalización do contrato que se fará nos próximos días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario