20 de out. de 2015

SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRESENTACIÓ DO LIBRO "CARLOS LEÓN A ORDE DAS PRIMEIRAS COUSAS"

Este mércores 21 de outubro ás 18:30 h, na biblioteca do CGAC


 O mércores 21 de outubro ás 18:30 h, na biblioteca do CGAC, terá lugar a presentación do libro

CARLOS LEÓN 
A ORDE DAS PRIMEIRAS COUSAS

 Coa participación do artista, Fernando Castro Flórez e os comisarios da exposición Ángel Cerviño e Alberto González Alegre.

 Desde os seus inicios na década dos setenta, a obra de Carlos León evidenciouse como unha das propostas fundamentais para comprender o proceso de ruptura que, operando desde o corazón mesmo da pintura, derivou as prácticas pictóricas cara a unha creba consciente do réxime de visibilidade.

 Con textos de Ángel Cerviño, Alberto González Alegre, Fernando Castro Flórez e Carlos León, o catálogo da exposición A orde das primeiras cousas propón un percorrido a través da obra do artista desde os seus primeiros anos, en que traballaba imbuído do espírito subversivo do grupo Supports-Surfaces, até algunha das súas series máis recentes, indagando con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre a súa pintura e a práctica dunha produción tridimensional de franca raíz construtivista.

Autores: Fernando Castro Flórez, Ángel Cerviño, Alberto González Alegre, Carlos León 
Edita: Centro Galego de Arte Contemporánea 
ISBN: 978-84-453-5195-6

CGAC 
CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 
Ramón del Valle Inclán s/n 15704 
Santiago de Compostela 
cgac@xunta.es / www.cgac.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario