20 de out. de 2015

A GUARDA

A GUARDA, VILA ESCOLLIDA PARA CONVERTERSE EN PLATÓ DE “DESAFÍO NOS FOGÓNS” 

Último día para anotarse o casting deste programa da TVG 

A lagosta, producto estrela da cociña guardesa
Foto: Infogauda

 Infogauda / A Guarda

 A Guarda é unha das vilas escollidas polo programa de televisión “Desafío nos Fogóns” para converterse nun plató. Neste formato, os veciños e veciñas guardeses competirán con os de outras localidades para buscar aos mellores cociñeiros. 


 De acordo coa comunicación do Concello de A Guarda, recibida esta mañá na redacción deste xornal dixital, "hoxe  é o último día para presentarse ao casting do programa da Televisión de Galicia (TVG)". 

 Todos os veciños de A Guarda que queiran demostrar que son os mellores cociñeiros da vila e que o seu prato baseado no produto estrela do mar, a langosta, é o mellor, teñen una gran oportunidade neste programa. 

 Ás persoas interesadas en participar neste casting, e por que non, chegar a gañar algún premio, só teñen que chamar ao número de teléfono 686 910 426 e probar a súa man na cociña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario