21 de out. de 2015

PONTEVEDRA

Louzán agradece o esforzo inversor da Xunta na provincia de Pontevedra

Son uns orzamentos nos que se atenden as cuestión básicas que a sociedade demanda e que marcan claramente o eixe destes presupostos”, indica Louzán

Rafael Louzán Abal, presidente provincial do PP de Pontevedra


Infogauda / Pontevedra

 O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, valora positivamente os orzamentos para o próximo ano e agradece o esforzo inversor da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, cun investimento que supera os 436 millóns de euros.

 “Despois de anos intentando estabilizar o gasto hai que destacar - afirmou Louzán - o incremento económico para toda Galicia, porque ese é, sen ningunha dúbida, unha boa sinal para a recuperación económica”.

“Non son só os presupostos da recuperación, e uns orzamentos nos que se teñen en conta vellas demandas dos nosos concellos, dos alcaldes do noso partido e de outras forzas políticas que levan anos reclamando e que non se puideron poñer en marcha antes polas circunstancias económicas, o máis importante, son uns orzamentos nos que se atenden as cuestión básicas que a sociedade demanda e que marcan claramente o eixe destes presupostos”, indica Louzán. 

 O líder dos populares na provincia destaca ademais "o esforzo que a Xunta vai facer na comarca do Morrazo". De feito, dos 225 millóns de euros que a Xunta destina a obras en infraestruturas viarias, máis de 17 millóns corresponden ao desdobramento da autovía do Morrazo. “Unha vella demanda que por fin vai ser unha realidade”. 

 Destaca ademais os investimentos que se van realizar nos hospitais do Salnés ou Vigo, os edificios xudiciais de Vigo e Pontevedra ou os investimentos do Porto Secos das Neves – Salvaterra,  a conexión de Santiago co interior da provincia, así como o plan de saneamento da Ría de Pontevedra. “Estes son os mellores exemplos da importancia que para a Xunta ten a provincia de Pontevedra”, conclúe. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario