Axentes do servizo de Gardacostas comisan 530 quilos de ourizo nunha inspección en Oia
Os inspectores inspeccionaron dúas embarcacións e comisaron a mercadoría por exceso de tope
Infogauda / Oia
Axentes do Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, realizaron unha inspección en Oia, na ría de Vigo, que se saldou co comiso de 530 quilos de ourizo e coa incautación de 15 salabardos.
Na actuación os axentes inspeccionaron dúas embarcacións ás que lle comisaron a mercadoría e os aparellos de pesca, xa que se excedían do tope de quilos que se lle permite capturar aos profesionais que se dedican a esta especie.
A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario