Conde avalía coa CIG novas medidas para continuar a crear emprego estable e de calidade en Galicia
No marco da rolda de contactos cos principais axentes económicos e sociais o conselleiro de Economía, Emprego e Industria mantivo un encontro co secretario xeral do sindicato, Xesús Seixo, e mailo secretario confederal de Emprego da organización, Miguel Malvido
Incide na necesidade de seguir a traballar para consolidar a recuperación económica e que o crecemento chegue de maneira real á cidadanía
Subliña o diálogo social como como marco de entendemento fundamental
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse este mediodía co secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), Xesús Seixo, e co secretario confederal de Emprego desta organización, Miguel Malvido Foto: Xoán Crespo
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse este mediodía co secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), Xesús Seixo, así como co secretario confederal de Emprego desta organización, Miguel Malvido, no marco da rolda de contactos cos principais axentes económicos e sociais para escoitar as diferentes achegas e definir novas medidas para continuar a crear emprego estable e de calidade en Galicia.
No encontro, Francisco Conde incidiu na necesidade de seguir a traballar para consolidar a recuperación económica e que o crecemento chegue de maneira real aos traballadores e ao conxunto da cidadanía, apostando por políticas activas de emprego con especial atención aos parados de longa duración e os mozos, así como á conciliación laboral e familiar.
Do mesmo xeito, o responsable de Economía, Emprego e Industria subliñou como un dos aspectos fundamentais nos que se seguirá a orientar o traballo da Consellería a fixación de tecido industrial en Galicia capaz de xerar riqueza, un dos eixos da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0.
Na reunión entre Francisco Conde e os representantes da CIG sinalouse o diálogo social como marco de entendemento fundamental, co obxectivo común de mellorar os datos de emprego e as condicións nas que se está a desenvolver
Ningún comentario:
Publicar un comentario