O conselleiro de Cultura e Educación felicita ao poeta Luis González Tosar polo seu recente ingreso na Academia Argentina de Letras
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron hoxe unha xuntanza co recoñecido escritor e poeta Luís González Tosar, ao que felicitaron polo seu recente nomeamento como académico da Academia Argentina de Letras, onde representará a Galicia. Ademais, na reunión tamén abordaron as actividades que está realizando a Fundación Ínsua dos Poetas e o PEN Clube de Galicia –dous entes presididos por González Tosar– a prol da lingua e literatura galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario