XORNADA DE MICOLOXÍA A TRAVÉS DA OMIX DO CONCELLO
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Xuventude do Concello de A Guarda organiza, coa colaboración da asociación “A Jalleira”, unha Xornada Micolóxica o sábado, día 7 de novembro.
Esta xornada estará dividida en dúas partes. A primeira delas desenvolverase a partir das 10 horas e durará ata as 12 horas. Nesta haberá unha parte expositiva na que se falará, por exemplo, da normativa, dos bos usos e costumes no monte ou dos diferentes tipos de cogomelos.
Pola tarde, a partir das 16 horas, levarase a cabo unha saída explicativa.
Para poder participar, as persoas interesadas terán que pasar pola OMIX do Concello ou chamar ao 986 614 546 para inscribirse, xa que as prazas son limitadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario