29 de out. de 2015

A GUARDA

O Concello convida aos centros educativos a celebrar o Día Universal dos Dereitos na Infancia  


Infogauda / A Guarda

 Co lema “Os nenos e nenas tamén temos dereitos” o Concello de A Guarda convida a todos os centros escolares do municipio a conmemorar o “Día Universal dos Dereitos na Infancia”, que se celebrará o venres día 20 de novembro. 

 "Nesta campaña de sensibilización o Concello busca que os máis cativos se impliquen e que sexan eles os que reivindiquen os seus dereitos. Así, a proposta da Concellería de Educación é que en cada un dos centros educativos de A Guarda os alumnos de dous cursos diferentes creen un mural referente ao tema", afirman desde o executivo municipal do Concello de A Guarda.

 Segundo a nota de prensa recibida na redacción deste xornal dixital "todas estas creacións serán expostas o propio Día Universal dos Dereitos na Infancia en diferentes espazos da localidade.  

 "A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas", sinalan desde o executivo municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario