O PP da Guarda opina que hai prioridades dabondo no concello, que non pasan pola inclusión nunha area metropolitana de Vigo
• Amosan a súa total oposición a unha integración que supoña ser unha sucursal da cidade olívica
Conchi Ortega Martínez - no centro da imaxe - xunto cos demais membros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Os populares guardeses critican que "o alcalde do concello asistise a unha reunión sobre a área metropolitana de Vigo, que na actualidade está composta por catorce concellos e na que non figura A Guarda". Entenden que "(...) no municipio hai prioridades e necesidades, nalgún caso urxentes como a falta de mantemento das rúas xardíns, e puntos de interese turístico, e que non pasan por deixarse manipular polo alcalde de Vigo, que de paso atribúese funcións que non lle corresponden".
A portavoz do PP local Conchi Ortega Martínez, amosa a súa "(...) total oposición a unha integración que supoña ser unha sucursal de Vigo, nas mans de Abel Caballero", nin tampouco están dispostos a que "os veciños asuman o custe económico que suporía formar parte dela sen recibir ningunha compensación nin beneficio". Así, esixen coñecer cales son as regras do xogo. “Hai moitas preguntas que debe repostar o alcalde e dar explicacións á oposición, pero sobre todo aos veciños. Vai haber ponderación no voto? Canto é a aportación por habitante da Guarda?”, preguntan.
E, engaden, "o exemplo está en Vigo, que foi o único concello que non entrou a formar parte do plan de transporte metropolitano de Vigo, prexudicando claramente aos usuarios dos concellos próximos á cidade olívica".
“Se esta vai ser a tónica da área metropolitana, sen solidaridade con outros concellos, non entendemos por que o alcalde estáse precipitando en solicitar a inclusión da Guarda”, valora a portavoz do grupo municipal Conchi Ortega.
Politica de oposición. Conchi y su equipo, al igual que Freijoo, no se han dado cuenta de lo que supone el área metropolitana para los concellos que dependen de Vigo.
ResponderEliminarAquí el equipo del PP parece que no se ha enterado de la reducción de lineas de autobus y lo que cuesta moverse hasta y por Vigo a un guardés que no disponga de coche. ¿De verdad que no lo veís? Si A Guarda no entra ahora en el área metropolinatana no lo hará en años y eso la marginará del resto.
La cantidad de ventajas que da disponer de una tarjeta metropolitana para el transporte interurbano y que podamos usar el sistema de bus de Vigo a precio reducido. Dedir que el mantenimiento de jardines es más importante que esto, es de echarse a llorar. Remen en la misma dirección!!! Vean por el bien de los vecinos y no hagan declaraciones con fines partidistas. O al menos, si lo hacen, que tengan sentido. Parece absurdo criticar que el alcalde se reúna con homónimos. Dense cuenta, eso es lo que se hace!