23 de out. de 2015

A GUARDA

Actividades para nenos e agasallos de libros para conmemorar o Día Mundial da Biblioteca  


Infogauda  / A Guarda

 Mañá, sábado 24 de outubro, o Concello de A Guarda conmemora o Día Mundial da Biblioteca.  

 Durante toda a mañá na Biblioteca Municipal, establecida no Centro Cultural e Social, haberá actividades para os nenos e agasallos de libros para os adultos. 

 Os rapaces, ademais de familiarizarse co espazo da biblioteca, se poderán entreter creando marcapáxinas para os seus libros ou manteis individuais. 
Fomentar a lectura 
 A Concellería de Educación e Cultura busca dinamizar a biblioteca municipal e fomentar a lectura entre os veciños de A Guarda. Así, ademais de celebrar esta data, están organizadas outras actividades. 

 Por exemplo xa están en marcha os clubes de lectura no que os seus participantes, tras ler todos a mesma historia, a porán en común e comentarán as súas sensacións.  

 Tamén están programadas sesión de “Contos Contados” para os nenos guardeses. Estas actividades serán o primeiro sábado de cada mes, sendo o 7 de novembro a primeira cita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario