FORMACIÓN
ÉRGUETE BAIXO MIÑO CONVOCA UN CURSO DE AUXILIAR FORESTAL
O prazo de inscrición remata o venres día 23 de outubro
Convocamos un Curso de Auxiliar Forestal enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 200 h.
O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-práctica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 28 de outubro en horario de 09:00 a 14:00 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro e xaneiro.
Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.
As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto.
O prazo de inscrición remata o venres día 23 de outubro.
Solicita máis información na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario