O BNG cuestiona a política de becas do PSOE na Guarda
Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda): “O BNG prefire crear partidas para axudar as familias sen recursos a premiar expedientes académicos”
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego sai ao paso dunhas declaracións realizadas polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, na que amosou a intención de crear unha partida de para premiar aos mellores expedientes académicos de Primaria, ESO e Bacharelato.
Dende o BNG consideran que "en plena crise económica non é o mellor momento para fomentar este tipo de iniciativas de carácter elitista".
Para o BNG "debe atenderse primeiramente as necesidades máis urxentes e esperar a mellores momentos para tomar este tipo de iniciativas".
“Valoramos a aquelas rapaces e rapazas que sacan grandes expedientes. Mais agora urxe tomar medidas para equilibrar as desigualdades que os gobernos do PP e do PSOE nos teñen sumido”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Dende o BNG deixan claro que "este tipo de iniciativas non están na liña dunha política social na procura, polo que vai ser difícil asumir uns orzamentos desta natureza" e instan ao Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, "a tomar a senda da recuperación social".
Ningún comentario:
Publicar un comentario