19 de out. de 2015

A GUARDA

O CONCELLO IMPULSA UN NOVO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
  
 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda impulsa novamente un programa de voluntariado para todos os veciños do municipio que estean interesados en participar en actividades que se realizan na vila. 

 Para inscribirse deben dirixirse á oficina da OMIX. 

 Na actualidade os voluntarios están participando, por exemplo, en actividades relacionadas co Camiño de Santiago ou deportivas, pero a posibilidade de colaboración está aberta a todo tipo de iniciativas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario