31 de out. de 2015

A GUARDA

O "MERCADO DO RELÓ" CELEBRA O SAMAÍN NA PRAZA DO MONTERREAL

Ás 23:00 horas, sairá unha procesión cívica ata o porto para á solta de lanternas á medianoite


O ambente na Praza do Monterreal foi magnífico
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 Organizado polo 'Mercado do Reló', e logo de superar non poucos atrancos, este sábado día 31 de outubro desde ás 12 do mediodía, na Praza Juan Bautista Alonso Español (Monterreal), estáse celebrando o samaín, que este ano acada súa terceira edición do 'Tempo de Samaín'. 


 Magosto con castañas asadas, bebidas, queimada,..., e mercado con postos dos comerciantes guardeses.  

 Durante todo o día houbo obradoiro de calacús, degustación de brebaxes, obradoiros encantados, karaoke, cabina de fotos, truco e trato,...  

 O mago Mickael Stark en plena actuación con un colabourador espontáneo

 Mención especial merece o espectáculo de maxia do mago guardés Mickael Stark, que ofreceu dúas sesións, 18:00 e 19:30 h., e que puxo de manifesto súas formidables cualidades como comunicador.

 Para rematar a festa, ás 23:00 horas, baixarase en procesión ata o Porto de A Guarda, coas lanternas luminosas para a gran tirada a medianoite 00:00 h..

 É fundamental, acudir disfrazado, porque ímolo pasar... De medo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario