9 de out. de 2015

A GUARDA

O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DA RISA

Aberto o prazo de inscrición



Infogauda / A Guarda

 O  Centro de Información ás Mulleres (CIM), do Concello de A Guarda,  organiza un obradoiro da Risa, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, que comezará o día 16 de outubro até o 20 de novembro, impartido pola Monitora Sol González, que conta cunha experiencia no sector de mais de 20 anos, e que realizou os seus obradoiros en case toda España, en Escocia, en Inglaterra, en Portugal e agora na Guarda.

 Aberto o prazo de inscricións para todas aquelas persoas que queiran divertirse e comprobar os beneficios da risa. Poden inscribirse no propio CIM ou no teléfono: 986 614 648

Ningún comentario:

Publicar un comentario