O ALBERGUE DE PEREGRINOS ACOLLEU EN SETEMBRO UN 26% MÁIS QUE O ANO ANTERIOR
En total albergáronse 174 persoas de dezaoito nacionalidades diferentes
O Albergue de peregrinos de A Guarda é un recurso cada vez máis coñecido para os camiñantes xacobeos
Fotos: José Manuel Díaz Cobal
Infogauda / A Guarda
O Camiño Portugués pola costa ou Monacal, é cada vez máis famoso entre os peregrinos de todo o mundo, polo que cada ano son máis os camiñantes que deciden chegar a Santiago de Compostela por esta vertente que cruza a localidade de A Guarda.
Si xa nos meses de verán se superaron, e moito, os números do ano pasado, no mes de setembro voltou a aumentar o número de persoas que transitaron por A Guarda e os que pasaron unha noite no albergue guardés.
Comparando os datos do mes pasado co mesmo período do ano anterior, aumentaron nun 26% os peregrinos que pernoctaron neste albergue. Así, no ano 2014 contabilizáronse 129 e este a cifra chegou a 174.
O aumento significativo notouse, sobre todo, no mes de agosto, no que chegaron a ser 236 peregrinos os que pernoctaron no albergue guardés.
Diferentes nacionalidades
Entre os peregrinos que pasaron a noite na vila de A Guarda (Galicia), no seu camino ata Santiago de Compostela, diferéncianse ata dezaoito nacionalidades. Desde o executivo municipal do concello guardés afirman: "A pesar de ser a española a que máis se repite –ata en 44 ocasións, sendo as cidades de Madrid, Barcelona e Guipúzcoa as que máis peregrinos achegan- outros países europeos traen ata A Guarda a decenas de peregrinos.
Por exemplo, dende Polonia chegaron 29 peregrinos e de Alemania, 17. Viñeron tamén 16 franceses, 13 portugueses e 10 persoas dende Inglaterra, ao igual que dende Italia.
Ademais pernoctaron no albergue guardés cinco persoas procedentes de Canadá e outras tantas de Estados Unidos.
Outras nacionalidades que aparecen no rexistro son a rusa, a belga, a húngara ou a austríaca".


Ningún comentario:
Publicar un comentario