FIN DE SEMANA REPLETO DE
ACTIVIDADES NA VILA GUARDESA
Na imaxe unha das presentacións do "Espada en Tapas", que se poderá degustar en vinte establecementos de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Esta fin de semana son moitas e moi variadas as
actividades que están programadas para os veciños e veciñas de A Guarda.
Así, dende hoxe venres día 18 e ata o domingo 20,
diferentes establecementos da localidade ofertarán dentro da iniciativa “Espada
en Tapas”, organizada por ORPAGU, o Concello de A Guarda e os locais adheridos,
unha tapa de peixe espada gratuíta coas súas consumicións. Esta ruta gastronómica
estará acompañada dunha ruta musical.
Os establecementos que forman parte desta ruta son:
Aparthotel Marouco, Brisamar, Carla, Jamonería Anabel, Pizzicata, Os Remos, O
Cangrexal, Marusía, Gaviota, Trasmallo e Xeito.
Ademais, nas rúas onde están estes locais haberá música
en directo. Os grupos “Deixandar” e “Lirolai” pasearán a carón dos restaurantes
adheridos para amenizar ós consumidores.
Entre os participantes nesta ruta, que continuará durante
a fin de semana próximo (días 25, 26 e 27), ORPAGU sortea un lote de produtos
de peixe espada.
Música, charlas e mercadillo
Hoxe venres, as Xuventudes Socialistas da Guarda,
presenten o “Ciclo LGTBI: Queda moito por facer”. Esta primeira charla, que
comezará ás 20 horas no Centro Cultural, contará con tres ponentes: Estela
Fernández, experta en igualdade, Xabier Constela, membro do colectivo de pais e
nais de menores transexuais e Fito Ferreiro, coordinador federal do Colectivo 7
Cores.
O acto está aberto a todos os públicos e o tema a tratar
é “Como observamos a transexualidade nos menores?”.
O sábado, no barrio da Gándara, a Organización de Grupo
de Gaitas A Boalleira, organiza un “Serán”. A cita é ás 21 horas na Praza dos
Seixiños.
Por último, a fin de semana remata cun mercadillo
solidario organizado por “ConRazones”. Durante toda a xornada do domingo, tanto
pola mañá como pola tarde, a Alameda da Guarda acollerá decenas de postos
solidarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario