CLAUSURA DO CURSO DE
ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Esta formación, que tivo unha duración de 40 horas, realizouse a través do programa provincial “Actívate”
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a Concelleira e Deputada Provincial de Emprego Montserrat Magallanes Álvarez e o Concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González, xunto coas alumnas que fixeron o curso
Fotos. C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Esta mañá o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira e deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Formación e Emprego, Manuel Javier Crespo González, clausuraron o curso de
“Acompañante de Transporte Escolar” promovido pola Deputación de Pontevedra en
colaboración có concello guardés.
Esta formación, que tivo unha duración de 40 horas,
realizouse a través do programa provincial “Actívate”.
Na clausura, Montserrat Magallanes, quixo dar ánimos e
apoio ós 24 alumnos do curso na busca activa de emprego.
Pola súa banda, o alcalde Antonio Lomba, afirmou que o
Concello está traballando moito por e para a formación e agradeceu a boa resposta
do alumnado. “Queremos pontenciar a creación deste tipo de cursos que axudan a
mellorar os currículos”, dixo Lomba. E continuo: “Quero animarvos a que
aproveitedes todas estas oportunidades”.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, facendo entrega do correspondente diploma a unha alumna do curso
Manuel Javier Crespo, aproveitou este acto para, ademais de dar
os parabéns ós alumnos, informarlle sobre o programa de “Mentoring” e o
“Laboratorio de Ideas” que comezarán no mes de outubro. “Quero animarvos a
participar nestas iniciativas. Todas esas persoas que teñen unha idea, que
teñen inquietudes... teñen cabida nestes programas”, dixo o concelleiro.
Tras as súas palabras fíxose entrega dos diplomas ó
alumnado.



Ningún comentario:
Publicar un comentario