PRESENTACIÓN E LANZAMENTO DA APLICACIÓN PARA MÓBILES DO CONCELLO GUARDÉS
“Esta aplicación ten unha parte de información moi interesante tanto para os veciños de A Guarda coma para os nosos visitantes, unha parte interactiva e outra parte de avisos”, explicou o alcalde guardés
O alcalde de A Guarda - no centro da imaxe - na presentación da aplicación para móbiles do concello guardés, xunto con técnicos e persoal municipal
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Esta mañá presentouse na Casa dos
Alonso a aplicación para móbiles do Concello de A Guarda.
O alcalde de A Guarda, Antonio
Lomba Baz, foi o encargado de presentar esta aplicación ós medios de comunicación e
os diferentes veciños e veciñas que asistiron a dito acto.
“Aínda que é hoxe a presentación
oficial o equipo do Concello leva tres semanas traballando nesta iniciativa.
Estes primeiros días o que queremos é testala para resolver os posibles
inconvenientes que teña a APP”, comezou dicindo Lomba.
O alcalde continuou presentando o
equipo que traballará para que, cada un dos apartados da aplicación funcione
correctamente.
Así, José David Flores, técnico
informático será o encargado de asesorar e coordinar o equipo. Teresa Espejo,
técnica de Cultura, é a responsable da axenda da aplicación, Rosalía Verde,
técnica de Turismo, é a persoa que actualizará os contidos do espazo de Turismo
e a Guía de Empresas. E por último, Patricia Guisantes, será encargada, xunto
con José Luis Gil e María del Carmen García, de coordinar o módulo de
incidencias.
E seguiu explicando que, por
exemplo, o módulo de incidencias, é unha parte da aplicación moi interesante xa
que, calquera persoa poderá sacar unha fotografía a un problema ou incidencia e
mandala directamente ó Concello. Dende aí Patricia Guisantes, se poría en
contacto con os responsables e se solventaría. Unha vez que se resolva,
chegaría un mail á persoa que aportou dita mensaxe.
Outro módulo que resaltou o
alcalde foi a “Guía de Empresas”. Neste punto quixo facer un chamamento ás
empresas guardesas que aínda non se deron de alta para que formen parte da
aplicación. “Queremos que a xente se implique co concello e esta é unha boa
maneira”, afirmou Lomba.
Por último recalcou as pestanas
de “Turismo” e de “Mapas”, moi interesantes para os visitantes que cheguen a
Guarda. O que vai facer o Concello, explicou Lomba, publicitar a descarga da
APP na entrada da vila e na web.
O Concello contou cun orzamento
de 3.942 euros. Ademais, tal e como confirmou o alcalde, o mantemento anual
custará 450 euros.
Antonio Lomba explicou que quere
que a aplicación sexa un complemento para a páxina web xa que é algo creado
para utilizar nos móbiles. “Esta aplicación enténdese para levar no peto, para
usala cando esteas na rúa”, afirmou.
O Concello de A Guarda espera que
sexan moitos os veciños do municipio, e tamén os visitantes, os que se
descarguen esta aplicación nos seus dispositivos móbiles e poidan gozar da gran
variedade de servizos que se ofertan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario