O
ALBERGUE DE PEREGRINOS DE A GUARDA DUPLICA A SÚA OCUPACIÓN NOS MESES DE XULLO E
AGOSTO
En total, nos meses de xullo e de agosto foron 426, os peregrinos que escolleron o noso albergue
Grupo de peregrinos no Albergue de A Guarda
Foto: Antonio Ferreira
Infogauda / A Guarda
"Cada ano, o número de peregrinos
que realizan o Camiño Portugués da Costa ou Monacal, multiplícase", esa é a conclusión do Concello de A Guarda, á vista dos datos rexistrados.
Fonte municipais afirman igualmente: "Algúns destes peregrinos que
decidiron chegar ata Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa
fixeron noite no albergue de peregrinos de A Guarda. En total, nos meses de xullo
e de agosto foron 426, os peregrinos que escolleron o noso albergue. Comparando
esta cifra coa do ano anterior, os datos indican que se duplicou o número de
peregrinos que durmiron na Guarda, o que mostra o gran interese que suscita
este camiño.
A pesar de que tan só existen
datos cuantitativos do número de peregrinos que decidiron pasar a noite na
Guarda, o número de camiñantes que pasaron por esta vila é moito maior. Así,
hai moitos peregrinos que quizais non foron rexistrados, outros que deciden non
facer noite na Guarda e seguir ata o próximo albergue e moitos outros que
comezan a súa andaina ata Santiago de Compostela dende esta vila".
Segundo pudo saber este xornal dixital "a procedencia maioritaria dos
peregrinos que escollen este Camiño a Santiago seguen a ser estranxeiros, como
xa o era na súa orixe. O maior número de visitantes son portugueses pero tamén
hai alemáns, italianos, franceses e, en especial, este verán incrementouse o
número de peregrinos polacos. Ademais chegou xente procedente dende EEUU ou de
Xapón".

Ningún comentario:
Publicar un comentario