4 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CONSIDERA QUE A TUBERÍA QUE SE INSTALA NO TRANSVERSAL INGUIEIROS NON É A MÁIS AXEITADA


Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega, de A Guarda

Infogauda / A Guarda

Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda á seguinte comunicación:


OBRAS NO TRANSVERSAL DE INGUIEIROS

 Dende fai uns días se están levando a cabo as obras de alcantarillado no Transversal de Inguieiros, e varias persoas nos chamaron a atención para facernos diversos comentarios sobre como se estaban desenrrolando as mesmas, ainda que tivemos unha pregunta sin resposta, xa que non poidemos informar sobre os custos das mesmas e a maneira de selección das empresas constructoras, pero iso é outro tema.

 Polo que alí poidemos observar, -non somos especialistas no tema- pero non estamos moi dacordo sobre algúns dos aspectos de dita obra, e creemos, por exemplo que a tubería que se instala non é a máis axeitada, pero, dende Converxencia Galega, nós aportamos as imaxes e que opinen os/as veciños/as e aquelas persoas que saben maís do asunto.

 Aportamos as fotos tomadas “in situ” para que cada quen saque as súas conclusións.


             A Guarda, a 03 de setembro, do 2.015.

                    Josué Alvarez Alonso
            Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario