O CONCELLO FELICITA A GERARDO PORTELA SANTIAGO POLO SEU 101 ANIVERSARIO
O Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz con Gerardo Portela Santiago - Fotos: C. A.G.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz entregoulle unha praca conmemorativa a Gerardo Portela Santiago
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente Baz, na tarde do xoves 3 de setembro, visitaron na súa vivenda a Gerardo Portela polo seu 101 aniversario.
Na casa, Gerardo Portela Santiago, atopábase acompañado polos seus irmáns, os seus fillos, os netos e tamén os bisnetos.
Nesta data tan gratamente sinalada o Concello de A Guarda fixo entrega a Portela dunha placa conmemorativa do seu aniversario, un ramo de flores e unha tarta onde soprar as velas.
Antonio Lomba e Teresa Vicente despedíronse de Gerardo e da súa familia esperándose ver o ano próximo para celebrar o 102 aniversario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario