22 de set. de 2015

A GUARDA

CLAUSURA DO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO NAS PRAIAS DE BANDEIRA AZUL

Desde o concello salientan que "este verán o número de turistas que chegaron ata A Guarda foi moito maior que en anos anteriores, por esta razón, a afluencia ós areais guardeses tamén superou o rexistrado en datas pasadas (...)".


O alcalde de A Guarda, Antonio lomba Baz, xunto a cinco socorristas, na praia marítima de Area Grande
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O concello guardés ven de comunicar que "o pasado xoves, día 17 de setembro, cerrouse o servizo de salvamento e socorrismo nas praias de bandeira azul do Concello de A Guarda".

 Sete socorristas vixiaron, dende o 27 de xuño, polo tanto dous meses e medio, aos bañistas dos areais do Forte (O Muíño - Camposancos) e Area Grande (A Guarda).

 Esta tempada de praia, tal e como notificaron os socorristas que traballaron nos dous areais guardeses, pechouse sen incidencias graves a destacar.

 Ademais, confirmaron que, durante estes meses de verán descendeu notablemente o número de persoas atendidas tanto por picaduras de avespas coma de fanecas bravas, comparando os datos rexistrados en anos anteriores.

Máis bañistas

 Fontes municipais salientan que "este verán o número de turistas que chegaron ata A Guarda foi moito maior que en anos anteriores, por esta razón, a afluencia ós areais guardeses tamén superou o rexistrado en datas pasadas.

 As condicións climatolóxicas moi favorables con máis días de sol, a calidade excelente das augas das praias e os medios correctos que habilitan as zonas de bañistas na vila, fixeron que as praias do munipio de A Guarda luciran cheas durante os meses de verán".

Ningún comentario:

Publicar un comentario