21 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMÁNDALLE O GOBERNO MUNICIPAL TRANSPARENCIA NA XESTIÓN 

Celso R. Fariñas (concelleiro de Converxencia Galega) "(...) Dende o ano 2012, viñemos solicitando unha serie de documentos para coñecer a realidade da ¿¿agrupación de voluntarios de Protección Civil de A Guarda?? que somentes aparecía en papeis, pero que ninguén miraba nas rúas dende facía moito tempo (...)"

"(...) esiximos o cumplimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bó goberno, exercendo o dereito a obter esa información pública, así como tamén, se pode comprobar que se está a incumplir a lexislación vixente (...)"

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda
Foto: Ferriños

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas un escrito no que dí o seguinte:

DOCUMENTACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL

 Dende o ano 2012, viñemos solicitando unha serie de documentos para coñecer a realidade da ¿¿agrupación de voluntarios de Protección Civil de A Guarda?? que somentes aparecía en papeis, pero que ninguén miraba nas rúas dende facía moito tempo. A resposta sempre foi o silencio máis absoluto, cando non malas caras e palabras nos Plenos donde se facía as preguntas na anterior legislatura por parte da Concelleira de Converxencia Galega.

 Despois de moito tempo, o longo do ano 2013, ademais de facer varias solicitudes nos Plenos, presentamos sendos escritos (Rexistro de Entrada nº 5752 de 23.01. e nº 6933 de 26.12, tivemos que pedir  o amparo do Valedor do Pobo, (e se nos remitiu, co Rexistro de Saída nº 1015 de 08 de abril/2014) no que se nos respostaba aos escritos (Rexistros de Entrada nº 5751 de 23.08/2013 e  nº 386 do 24 de abril/2014) o mesmo que recibiu a Institución sinalada anteriormente, un dossier cunha serie de documentos.

 Decir que:

 Dos documentos que solicitábamos, non se nos entregaron os máis importantes, e dos recibidos, nin os ¿¿directivos?? tiñan coñecemento de selo, nin de realizar as actividades reflexadas nos informes, e moito menos, haber recibido a vestimenta que na facturación aparece, descoñecendo a súa existencia.

 Pero entrando nas memorias anuais, algunhas son, cando menos, “esperpénticas” xa que, por un lado reflexan “0” voluntarios dados e alta a 1º de ano, e o mesmo tempo, na anterior, falan de máis de 20, ¿¿serán “fallos técnicos”?? de ser así, ¿¿como é que os “responsables” da A.V.P.C. xamais tiveron coñecemento do “incremento” de Voluntarios?? ou ¿¿porqué a media de novos voluntarios anual está sobre 20, e ninguén os viu polas rúas, en operativos, nin se celebrou unha soa Asemblea Xeral para sustituir as baixas, incluídos os cargos da Xunta Directiva??

 Naquel momento, e tendo en conta que tal como sinala a Lei, esa documentación é pública, e que en base o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupación de voluntarios e entidades colaboradores en materia de Protección Civil de Galicia (D.O.Ga nº 62 de mércores, 29 de marzo do 2000) que sinala:

 Artigo 10.- “(…) actuar como asesores a Nivel Local (…) propoñe-la elaboración do Plan de Emerxencias Municipal (P.E.MU.) (…)”.

 Artigo 11.- “(…) composición das Xuntas locais de Protección Civil (…)”.

 Artigo 54.- “(…) As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil deberán contratar UN SEGURO DE ACCIDENTES, así como de RESPONSABILIDADE CIVIL, por danos a terceiros que ampare aos seus membros fronte riscos a que están sometidos no exercicio das súas funcións (…)”.

 Artigo 60.- APARTADO 3(…) o REXISTRO SERA PÚBLICO con respecto a tódalas inscripcións ou anotacións que nel consten (…)”.

 Daquela, pedíamos e hoxe, voltamos a REITERAR a nosa SOLICITUDE:

 1º.-  Copia do PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL (P.E.MU.) elaborado polo Concello de A Guarda, no concerniente aos Centros Educativos e Instalacións Municipais.

 2º.- Copia da Acta da Composición da Xunta Local da Agrupación de Voluntarios de  Protección Civil do Concello de A Guarda nos derradeiros CATRO (4) ANOS.

 3º.- Copia das PÓLIZAS de Seguros de Accidentes e de Responsabilidade Civil da A.V.P.C. de A Guarda dos derradeiros CATRO (4) ANOS.

         4º.- Copia do Rexistro de inscripción de Voluntarios de Protección Civil da Agrupación de A Guarda nos derradeiros CATRO (4) ANOS

 Esta documentación que víñamos, reclamando  dende inicios do 2.013, ainda hoxe, non se recibiu contestación, polo ampliamos a solicitude ata a data do rexistro deste escrito.        

 Aquela solicitude  NON FOI CONTESTADA polo Sr. Alcalde, dando lugar a que dende Converxencia Galega, o amparo do artigo 77 da Lei de Bases de Réxime Local e do 14.1 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, que sinala que as solicitudes dos Concelleiros/as debe ser resolta motivadamente nos CINCO (5) DÍAS NATURAIS seguintes as que foi presentada, entendéndose aceptada por SILENCIO ADMINISTRATIVO cando no anterior plazo non se dictou resolución expresa derogatoria.

 Tendo en conta que na data de hoxe (tiveron tempo de sobra para buscar a documentación xa que transcurriu case ANO E MEDIO) e non se nos deu resposta, polo que ESTÁ CONCEDIDO O ACCESO a dito expediente.

 Así mesmo, esiximos o cumplimento da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso a información pública e bó goberno, exercendo o dereito a obter esa información pública, así como tamén, se pode comprobar que se está a incumplir a lexislación vixente e polo que o amparo do Artigo 35 da Lei 30/92 de 26.11..92, modificada pola Lei 4/99 do 30.01.99 da Lei de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, veño a

SOLICITAR:

- Certificado do Estado de Procedemento.
- Se identifique a autoridade/funcionario baixo a cal se tramita o expediente.

A Guarda, a 19 de setembro do 2.015

Celso R. Fariñas
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Emerxencias
Sr. Cabo da PolicÍa Local e Presidente de P.C.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario