5 de ago. de 2015

PONTEVEDRA

Valoración dos PXE2016 por parte dos deputados e senadores do PP

Fomento investirá na provincia de Pontevedra 166,050 millóns de euros en 2016

·     Na provincia de Pontevedra no 2015 a baixada do IRPF supón unha inxección de 116 M€ que se o dividimos entre os 417.962 declarantes, significan unha media de 279 € para cada un deles.

·     Este é un orzamento  moi distinto aos primeiros da lexislatura. Naqueles momentos houbo que facer grandes sacrificios que agora empezan a dar resultados en termos de crecemento, explicou Telmo Martín.



Infogauda / Pontevedra

 Os deputados nacionais de Pontevedra, Paz Lago e Telmo Martín, e os senadores, Dolores Pan e José Luis Rivera Mallo, fixeron esta mañá unha rolda de prensa para valorar os Orzamentos do Estado e a súa repercusión na provincia, uns “presupostos que se caracterizan por un maior gasto social”.
Entre os datos destaca o investimento de 166,050 millóns de euros que o Ministerio de Fomento investirá o próximo ano na nosa provincia, que atendendo á superficie supón un 205% sobre a media nacional e a quinta provincia con maior investimento de Fomento en estradas por quilómetro cadrado.
“Hai que ter en conta que este esforzo con Pontevedra por parte do Ministerio e da ministra, Ana Pastor, se debe a que Pontevedra foi a gran olvidada durante os 8 anos do goberno socialista”.
Nesta liña, Dolores Pan explicou que dos 5 presupostos aprobados polo Goberno nesta lexislatura supoñen un gasto total na Provincia de Pontevedra de 1.943,504 millóns de euros.
“Un gasto que hai que ter moi en conta pois este Ministerio fixo un esforzo moi importante en Galicia que axudará a xerar emprego, dinamizar a  economía e vertebrar o territorio”.
Telmo Martín, pola súa parte, explicou que “este quinto orzamento do Goberno de Rajoy é o presuposto que culmina e redondea unha lexislatura de rigor e dotou dunha estabilidade orzamentaria que permitiu reducir o déficit do Estado en máis de 65.000 M€ o que significa que pasamos de un déficit público de 9,3 % a un 2,8% que se espera alcanzar no 2016”.
“E o que é máis importante aínda, e que España estea liderando o crecemento económico e a creación de emprego na zona euro”, sinalou o deputado popular.
Temo Martín explicou que de cada 100 euros que o Estado gasta en Pontevedra, 54 € destínanse ao gasto social, e deles 38 € van ao pago das pensións.

ESTRADAS
Destínanse 59,4 millóns de euros para investimentos en estradas na provincia de Pontevedra, o que supón un incremento de máis do 20% con respecto aos PXE2015.
Dolores Pan explicou que para a supresión da peaxe no tramo de acceso a Vigo (O Morrazo-Rande e inverso) da autoestrada AP9, destináronse 6,3 millóns de euros.
Adoptáronse ademais medidas para mellorar os percorridos entre Pontevedra e Vigo, orientadas ademais a equiparar o importe da peaxe correspondente onde a peaxe media por quilómetro era máis cara, aplicando unha bonificación do 100% na viaxe de retorno aos usuarios entre Pontevedra e Vigo no mesmo día laborable e con vehículo lixeiro que utilicen como medio de pago o sistema de VIA-T.

REFORMA FISCAL
Por outra banda, Telmo Martín destacou tamén que “a reforma fiscal levada a cabo este ano permitirá aos pontevedreses pagar menos en IRPF, e se a situación económica o permite plantexar novas rebaixas. Temos que dicir que na provincia de Pontevedra no 2015 a baixada do IRPF supón unha inxección de 116 M€ que se o dividimos entre os 417.962 declarantes, significan unha media de 279 € para cada un deles”.
No ano 2016 coa segunda fase da reforma, isto verase incrementado en 27 M€ adicionais, o que supón devolver aos petos dos pontevedreses 64 € de media por declarante.
Si facemos a suma dos dous anos o resultado será unha inxección de 143 M€. Isto conleva que a cada un dos 417.962 declarantes se lles devolverá ao seu peto unha media de 343 €.
Os deputados fixeron ademais un repaso por outras obras relevantes da provincia como a circunvalación de Pontevedra, a variante da estrada ou o investimento en ferrocarril e aeroportos.
Telmo Martín concluíu dicindo que “este é un orzamento  moi distinto aos primeiros da lexislatura. Naqueles momentos houbo que facer grandes sacrificios que agora empezan a dar resultados en termos de crecemento (4%) no 2015 e na creación de emprego

Ningún comentario:

Publicar un comentario