CLASES DE IOGA AO AIRE LIBRE
A actividade, que conta coa colaboura do Concello de A Guarda, é gratuita
Infogauda / A Guarda
Na
segunda quincena de agosto, dende o día 17 ó 31, todos os martes e xoves, se
darán clases gratuítas de ioga ao aire libre no municipio da Guarda.
Esta
actividade, organizada polo Centro de Ioga “Awen” e coa colaboración do
Concello, está aberta a todo o público.
Os
horarios serán, os martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas na zona do aparcadoiro
do Puntal (Camposancos) e, eses mesmos días, de 20 a 21 horas no Montiño.
Todas
as persoas interesadas en participar tan só terán que estar á hora no lugar
marcado e levar con eles unha esteira ou unha manta.
Para
máis información poden poñerse en contacto a través do número 676 620 247 e
preguntar por Elvira ou na dirección de correo centroawenyoga@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario