Destacada colaboración do párroco de San Campio con SOS Tomiño Baixo Miño
Asociación SOS Tomiño Baixo Miño
A Asociación SOS Tomiño Baixo Miño quere por en valor o traballo que desenvolve o párroco de San Campio de Figueiró, en favor das familias necesitadas da comarca.
Dende a súa parroquia, leva recollido no que vai de ano en forma de alimentos, 6.988,50 quilos para axudar as 90 familias que actualmente son beneficiarias desta Asociación.
É de destacar a doazón que fixo a semana pasada, onde entregou 2.234 quilos de alimentos, da cal xuntamos relación: Aceite 14; alubias 256; arroz 10; azúcar 24; café 1; carne en conserva 6; cereales para adultos 2; cacao soluble 144; conservas de peixe 18; galletas 8; garabanzos 306; fariña 7; leite 767; lentellas 6; pasta 454; sopas 4; espaguetti 207.
A súa, é unha actitude exemplar. Dende o altar predica que o diñeiro que se vaia destinar a flores, que se marchitan en dous días, sexa doado para as persoas que o precisan. Ten unha caixa dentro do templo, onde os asistentes aos oficios relixiosos, poden deixar as súas doazóns.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario