O CONCELLO DE A GUARDA ESTÁ A DESENVOLVER UNHA APLICACIÓN PARA SMARTPHONES
Incluirá unha guía de empresas, que permitirá consultar os datos de calquera entidade ou profesional da vila dende o móbil, e incluso establecer contacto ou coñecer a ruta para chegar a súa sede
Na imaxe, portada da App municipal e a guía de empresas
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda está a desenvolver unha aplicación para Smartphones. "A nosa idea é que veciños e visitantes poidan estar máis informados e que melloren as canles de participación cidadá. A aplicación permitirá a interacción, de forma sinxela, entre o cidadá e o concello", dixo o alcalde e a súa vez responsable da área municipal de Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba Baz.
"A App - engadiu Lomba Baz - terá unha serie de módulos que inclúen, entre outros, noticias, axenda, actividades, guía de empresas, incidencias, ocio, rutas, etc.
Un dos módulos que nos parece máis interesante é a guía de empresas, que permitirá consultar os datos de calquera entidade ou profesional da vila dende o móbil, e incluso establecer contacto ou coñecer a ruta para chegar a súa sede. Para elaborar este directorio é necesario que as empresas interesadas aporten os seus datos ao concello. Para formar parte desta guía as empresas deben encher un formulario cos seus datos. Pódese acceder a este formulario a través da páxina do concello ou directamente premendo nesta ligazón."
Ningún comentario:
Publicar un comentario