HÓCKEY LIÑA
MIGUEL FERNÁNDEZ LOMBA (PRESIDENTE, ADESTRADOR E XOGADOR DO CLUB A GUARDA HÓCKEY LIÑA): "ATE O MOMENTO NO QUE O DEPORTE LOCAL DEIXE DE VERSE COMA UN GASTO E NON COMA UNHA INVERSIÓN POR PARTE DAS INSTITUCIONS, A SITUACIÓN NON VAI MUDAR"
"(...) o noso clube coma outros da vila da Guarda atópase co problema da falta de instalacións deportivas, en especial o referente a un pavillón polideportivo dotado das condicións mínimas de seguridade, tanto para os deportistas coma para o público (...)".
"(..) A consecución dunhas infraestruturas adecuadas é determinante para poder traer á Guarda eventos de toda tipoloxía, xa que se non hai un onde, xamais haberá un cómo".
"(..) A consecución dunhas infraestruturas adecuadas é determinante para poder traer á Guarda eventos de toda tipoloxía, xa que se non hai un onde, xamais haberá un cómo".
Miguel Fernández Lomba, Presidente, adestrador e xogador do primeiro equipo do club A Guarda Hockey Liña, facéndolle un comentario táctico a unha xogadora do equipo que dirixe - Foto: A Guarda Hóckey Liña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A pesares de constituirse oficialmente coma clubes no ano 2010 a historia de A Guarda Hóckey Liña comeza moito antes. Foi a finais dos anos 90 do pasado século cando un grupo de amigos de A Guarda e a súa contorna, decidiron aprender a patinar utilizando patíns en liña. Daquela era habitual velos patinando no paseo marítimo ou na Alameda da vila. Pouco despois fundaron a Asociación de Patinadores Wallride, que a postre sería xérmolo para o clube que hoxe é A Guarda Hockey Liña. Son o primeiro clube de hockey liña da provincia de Pontevedra, e entre os seus obxectivos está o crecemento desta disciplina e acadar que chegue o maior número posible de persoas.
Para coñecer de primeira man, a situación do club A Guarda Hóckey Liña, mantivemos con Miguel Fernández Lomba, Presidente, adestrador e xogador do primeiro equipo, á seguinte entrevista:
Cómo vai o proxecto deportivo de A Guarda Hóckey Liña?
- Realmente vivimos un momento doce. Temos tres equipos nas tres categorías e para o pouco tempo que levamos competindo, e a pesares das diversas circunstancias adversas, na pasada campaña acadamos resultados satisfactorios.
Cál é agora mesmo, a problemática que afecta directamente o club A Guarda Hóckey Liña?
- Ademais dos problemas referidos a problemática para acadar patrocinios, propios de calquera clube no contexto da crise económica, o noso clube coma outros da vila da Guarda atópase co problema da falta de instalacións deportivas, en especial o referente a un pavillón polideportivo dotado das condicións mínimas de seguridade, tanto para os deportistas coma para o público. Esta situación impídenos competir no noso pobo así coma organizar eventos no mesmo.
Qué previsións tedes de cara a vindeira tempada 2015-2016?
- Participaremos un ano máis na Liga Galega de Hóckey Liña, organizada pola Federación Galega de Patinaxe.
Estamos pechando as plantillas das tres categorías, sendo o equipo infantil o que ten un maior número de xogadores e xogadoras. Esta circunstancia é significativa xa que indica a boa saúde da que goza a disciplina.
A marxe das competicións oficiais participaremos en varios torneos e eventos os que habitualmente acudimos por invitación dos clubes organizadores. Compre engadir que tentaremos traer á Guarda algún curso formativo, coma ben sendo habitual en tempadas pasadas.
Miguel Fernández - de costas, co dorsal 25 - motivando os xogadores - Foto:A Guarda Hóckey Liña
Miguel Fernández - de costas, co dorsal 25 - motivando os xogadores - Foto:A Guarda Hóckey Liña
Respecto a previsión que tedes de ter que competir como locais a considerable distancia de A Guarda, de que xeito vai a repercutir iso no club?
- O primeiro efecto desa circunstancia é o económico, xa que os gastos de desplazamento prodúcense en todas e cada unha das xornadas de Liga.
Na primeira competición da tempada pasada, a Liga 4X4 Promoción, conseguimos competir en Vigo, aínda que a recente privatización do Instituto Municipal do Deporte de Vigo trae consigo trabas burocráticas e un prezo inasumible para repetir experiencia e poder xogar en Bouzas.
Non menos importante é o feito de que a imposibilidade de competir lástranos a hora de chegar directamente ós veciños e veciñas así coma a potenciales patrocinadores e novos xogadores e xogadoras.
A que institucions vos tedes dirixido para por negro sobre branco á vosa situación?
- Principalmente as nosas propostas e demandas foron dirixidas ó Concello de A Guarda, non somentes en referencia ás necesidades do noso clube, senón que están enfocadas á reflectir a situación de todo o colectivo do deporte guardés, xa que somos o único pobo en moitos quilómetros á redonda sen unha infraestrutura tan básica coma un Pavillón Polideportivo Municipal.
Estádes recibindo algún tipo de apoio que contribúa a que o proxecto de A Guarda Hóckey Liña vaia adiante?
- O proxecto de A Guarda Hóckey Liña está construído sobre a base do esforzo e traballo de pais, nais, directivos e xogadores. Externamente tamén compre salientar os consellos de outros clubes con maior experiencia no mundo da patinaxe e o hóckey así coma a Federación Galega de Patinaxe.
No tocante as institucións públicas o apoio redúcese a colaboración puntual por parte do Concello de A Guarda en algún dos eventos que organiza o clube.
Ate o momento no que o deporte local deixe de verse coma un gasto e non coma unha inversión por parte das institucións, a situación non vai mudar.
Miguel - no centro da imaxe, con indumentaria vermella e negra - con varios xogadores - féminas e varons - do club A Guarda Hóckey Liña - Foto:A Guarda Hóckey Liña
Miguel - no centro da imaxe, con indumentaria vermella e negra - con varios xogadores - féminas e varons - do club A Guarda Hóckey Liña - Foto:A Guarda Hóckey Liña
Cómo vai á preparación da vindeira tempada?
- Vai segundo o previsto. A pesares das eivas do pavillón Antonino Torrón, do Colexio As Solanas, os xogadores e xogadoras acuden a cada adestramento con ilusión e ganas, penso que todos e cada un deles están desexando que escomece a Liga.
No meramente deportivo salientar o bo ritmo de adestramentos de tódalas categorías. En vindeiras datas pecharemos a disputa de algún partido amistoso para probar a mellora antes do comezo oficial da tempada.
Miguel Fernández Lomba, na súa faceta de xogador do club A Guarda Hóckey Liña, nunha cancha - bastante lonxe de a Guarda - que reúne ás condicions óptimas de seguridade, para á práctica deportiva - Foto:A Guarda Hockey Liña
Miguel Fernández Lomba, na súa faceta de xogador do club A Guarda Hóckey Liña, nunha cancha - bastante lonxe de a Guarda - que reúne ás condicions óptimas de seguridade, para á práctica deportiva - Foto:A Guarda Hockey Liña
A cánto ascende o orzamento para 2015-2016?
- Realmente polas condicións un tanto peculiares e atípicas do noso clube non temos un orzamento pechado. A competición rexional realízase polo sistema de sedes, polo que ata que non teñamos pechado o calendario e os desprazamentos é imposible de calcular. Engadir que durante a Tempada tentamos organizar eventos e exhibicións sempre que nos é posible, polo que ese cálculo é certamente compricado.
Cómo vos financiades?
- O clube A Guarda Hóckey Liña funciona grazas ás aportacións dos seus socios. As aportacións dos diferentes patrocinadores destínanse única e exclusivamente a adquisición de material téxtil para vestir ós xogadores e xogadoras sempre a cambio de usar esas prendas coma soporte publicitario. Asemade recibimos a achega do Concello para adquirir material deportivo, sempre destinado á formación da nosa base. En estas datas atopámosnos pechando sponsorización para as novas prendas da tempada 2015-2016.
Algo máis que engadir?
- Simplemente engadir que o deporte guardés está pouco valorado e pouco aproveitado. Debería ser un elemento dinamizador da economía e da hostelería local, xa que está máis que demostrado o potencial e a calidade dos nosos deportistas a pesares das carencias antes mentadas. A consecución dunhas infraestruturas adecuadas é determinante para poder traer á Guarda eventos de toda tipoloxía, xa que se non hai un onde, xamais haberá un cómo.




Ningún comentario:
Publicar un comentario