RECANTO DA ARTE
GEMMA MARQUÉS EXPÓN "10 AÑOS: 100 RETRATOS", UNHA DÉCADA DE CONSTANTE ACTIVIDADE CREATIVA
A mostra pode visitarse na Casa dos Alonso ata o 23 de agosto
A pintora Gemma Marqués Redondo expón na Casa dos Alonso
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
As veces, a maioría das veces, para acadar un obxectivo é necesario, sobor de todo, formación, confianza en un mesmo, profisionalidade, perseveranza e amor á labor que decidimos desenvolver na nosa andaina vital. Todos eses valores que vimos de citar conflúen nos seres humanos de forte personalidade, que non se achican cando os ventos non son propicios e que acollen os merecidos froitos do seu traballo, cando os tempos son propicios. Nese perfil poderíamos encadrar á Gemma Marqués Redondo (Burgos, 1981), unha muller que desde o ano 2009 decidiu vivir e traballar en A Guarda. Seu estudo e fogar, ou viceversa, están en La Casa Taller, unha antiga casa de pescadores, oportunamente rehabilitada, e convertida nun espazo vital, que comparten a pintora Gemma Marqués e o escultor Daniel Alonso.
Licenciada en Belas Artes, na especialidade de pintura, pola Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra), en 2004, vénse adicando profesionalmente á labor pictórica.
Así mesmo, ten ampliado súa formación coa participación en cursos sobre teoría e práctica da pintura, así como da Historia da Arte, cos mellores mestres. Todo elo, combinado con exposicions colectivas e indidividuais, en varias cidades e poboacions da Península Ibérica, habendo obtido varios galardons. E sobor de todo, porque é o máis importante, unha excelente acollida por parte do público.

Neste ano 2015 celebra seu décimo aniversario como retratista. Ata o día de hoxe ten realizado un cento de retratos por encarga. "10 años, 100 retratos" é o título xenérico de unha serie de exposicions e eventos conmemorativos, como as clases maxistrais de retrato pictórico que recentemente impartiu, para celebra-lo.
Avalada pola Universidade Complutense de Madrid, onde obtivo un 10 no curso "La cabeza humana. El retrato-el autorretrato", no ano 2005, entre alumnos dos cinco continentes, sendo ela á máis xoven.
Vista parcial da exposición "10 años, 100 retratos", de Gemma Marqués, na Casa dos Alonso - Foto: Infogauda
Na exposición "10 años, 100 retratos", que ata o día 23 de agosto, amosa na Casa dos Alonso (Praza do Reló - A Guarda), Gemma Marqués presenta un total de 39 obras, maioritariamente óleos, ainda que tamén ten varias acuarelas. Dese número de cadros, un tercio dos mesmos son retratos.
A mostra está configurada por retratos, bodegons posmodernos, "trampantojos" e a serie Vespas. Nesas catro liñas de traballo, queda acreditada de xeito nítido a capacidade creativa e a formación técnica que posúe esta xoven pintora que desde súa chegada á vila de A Guarda, ten proxectado - xunto co seu esposo, Dani Alonso - dentro e fora do termo municipal, o mundo artístico e cultural que ten La Casa Taller como epicentro creativo en constante ebulición. E sobor de todo, teñen xerado novas que transcenden e repercuten positivamente para A Guarda. E iso é mérito de Gemma Marqués e de Dani Alonso. Unha parella de artistas que ainda teñen por diante moitos retos e moita Arte que ofrecernos.
Coa exposición que Gemma Marqués Redondo nos ofrece estes días na Casa dos Alonso, queda de manifesto unha parte da súa importantísima aportación á Cultura de A Guarda.
EXPOSICIÓN "10 AÑOS, 100 RETRATOS"
Horarios de visitas: De 11:00 á 14:00 e de 19:00 á 22:00.
Luns: Pechado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario